lunes, septiembre 26, 2022

Efemérides

Pablo Neruda

Efemérides. Fallece en Santiago (Chile) el poeta PABLO...

Luis Cernuda

Efemérides. Nace en Sevilla el 21 de septiembre...

Italo Calvino

Efemérides. 19 septiembre 1985. Fallece en Siena (Italia)...

O caso dos amantes de París

LIBROSNovedad librosO caso dos amantes de París

O CASO DOS AMANTES DE PARIS

Editorial: Belagua Ediciones

O músico e escritor ferrolán Miguel Alonso publica nova novela. Miguel Alonso conta cunha traxectoria musical que abarca xa tres discos, ademais de proxectos paralelos como Minguante ou a banda infantil Música Miúda, sempre vencellado á música de autor en galego. En 2017 sorprendeu publicando a súa primeira novela, «O caso Quintana» (Belagua Ediciones), primeiro libro da serie «Os casos do cuarto 010», as aventuras da estudante de psicoloxía Laura Mariño. Agora publica «O caso dos amantes de París» (Belagua Ediciones), a segunda destas historias. Nesta novela negra, na que Laura terá que desenlear un novo misterio ao ritmo da chanson francesa, poderemos atopar críticas nada veladas ao xornalismo actual que exercen algúns medios.

SINOPSE

Un dobre asasinato cometido ás portas da residencia universitaria Monte da Condesa levará o nome da estudante de Psicoloxía Laura Mariño ás portadas dos xornais. A nota atopada canda os corpos conduce a unha inevitábel conclusión: alguén pretende xogar con ela unha partida estraña e macabra, coa chanson francesa como banda sonora. Mais hai algún motivo oculto tras estas mortes? Ou son simples vítimas casuais dunha competición retorcida?

Coa axuda incondicional da súa amiga Sara Porto, Laura Mariño deberá desenlear un novo misterio e evitar máis crimes. É unha tarefa que desanimaría a calquera, mais Laura non é, nin pretende ser, unha universitaria do montón.

SOBRE O AUTOR

Miguel Alonso (Ferrol, 1984) é licenciado en Psicoloxía, músico e escritor. Conta con varios discos publicados e recibiu prestixiosos premios, tanto a nivel galego como no Estado español, entre os que destacan o Xuventude Crea (2010) e unha Axuda á Creación Nova do Injuve (2013). 

Como poeta e escritor de relatos curtos recibiu varias distincións e participou en diferentes publicacións colectivas, entre as que destacan Pegadas, Dez Anos na Porta e Aldeas sen voz.

Con O caso Quintana (Belagua, 2017), estreouse como novelista e deu vida á estudante de Psicoloxía Laura Mariño, que volve protagonizar O caso dos amantes de París

EL CASO DE LOS AMANTES DE PARIS

Editorial: Belagua Ediciones 

El músico y escritor gallego Miguel Alonso publica nueva novela. Miguel Alonso cuenta con una trayectoria musical que abarca ya tres discos, además de proyectos paralelos como Minguante o la banda infantil Música Miúda, siempre vinculado a la música de autor en gallego. En 2017 sorprendió publicando su primeira novela, «O caso Quintana» (Belagua Ediciones), primer libro de la serie «Os casos do cuarto 010», las aventuras de la estudiante de psicología Laura Mariño. Ahora publica «O caso dos amantes de París» (Belagua Ediciones), la segunda de estas historias. En esta novela negra, en la que Laura tendrá que resolver un nuevo misterio al ritmo de la chanson francesa, podremos encontrar críticas nada veladas al periodismo actual que ejercen algunos medios.  >    Página Oficial del Autor

Otros contenidos

Un fantasma en la bodega

El crimen del lago

Un fantasma en la bodega

El crimen del lago

Carlos Bassas del Rey

Los detectives perdidos

Corto Maltés – Las Helvéticas

Ver otras etiquetas

Artículos más populares

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies